Carta aos voluntarios do
XXXIII Festival do Teatro Galego
Inscribídevos desde xa no voluntariado do FETEGA 2022
Ola, familia FETEGA!
Estamos xa coa programación desta nova edición do Festival do Teatro Galego «Celso Parada». Para nós é importante convocarvos desde xa este ano e contar convosco canto antes. Sodes a familia Fetega e a calidade humana é unha bandeira do noso festival.
As compañías dínnolo moitas veces e eu sempre penso que é algo que por sorte abunda no noso sector. Pero no caso voso, familia Fetega, síntome con sorte e por iso vos chamo a participar desde xa no #FETEGA2022.
A XXXIII Edición do Festival do Teatro Galego seguirá a celebrarse nas súas datas traidicionais, alonxándose así da excepción de hai dous anos. Pero antes desas datas hai outras e hai puntos nos que podedes participar, nas que podedes aportar.
Diríxome tamén ás persoas que estean pensando en escoller un voluntariado este ano. Ou ás persoas que senten curiosidade polo teatro e queren formar parte desta actividade impulsada pola Asociación Cultural Fetega, unha entidade cultural, sen fines de lucro.
E sobre todo, diríxome a aquelas personas que coma nós queren vivir unha experiencia única a nivel persoal. Sei que desfrutades o mundo teatro desde dentro.
Persoalmente, como director da XXXIII Festival do Teatro Galego “Celso Parada”, douche a benvida, agradezo o teu voluntariado e sobre todo recoñezo que convosco será posible unha edición máis. Por iso, non nos dan medo os retos.
Déixovos a continuación o formulario para inscribirvos no #FETEGA2022
Sempre voso,
Carlos Ledo
Director do Festival do Teatro Galego “Celso Parada”