Convocatoria XXXIII Festival do Teatro Galego
Aberto o prazo para presentar obras e espectáculos candidatos aos premios FETEGA 2022
Compañeiras, compañeiros: convidámosvos a participar no 33º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) que, como xa é tradición, se levará a cabo a segunda semana de setembro de 2022.
O ano pasado presentáronse máis de 140 espectáculos para formar parte do Festival do Teatro Galego. As obras deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia, e valorarase especialmente que sexan estreas.
As propostas deben enviarse desde hoxe venres 28 ata o martes 15 de febreiro ás 20 h, a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de inscrición en www.fetega.gal, onde se deberán describir a obra e achegar material de valoración.