SINOPSE:
Brandariz confésase como un “rara avis” neste mundo tecnolóxico dende
un punto de vista totalmente humorístico. Un espectáculo que se ri da obsolescencia programada, unha montaxe que analiza o ritmo vertixinoso do avance tecnolóxico, e que recolle dunha maneira totalmente creativa ós cadáveres da tecnoloxía: as máquinas de escribir, as cintas vhs, os cds, os dvds, o mesenguer, o fotolog, o tuenti… Estamos avanzando tecnoloxicamente por riba das nosas posibilidades e Pedro Brandariz sácalle punta de maneira cómica a toda esta voráxine. O público empatiza e identifícase dende o primeiro momento co que conta o monologuista, pois elas e eles tamén viven e sofren (e desfrutan) a aparición de novos trebellos electrónicos, novas aplicacións, novas redes sociais.
TRAXECTORIA:
Actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro… formouse cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón
Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu. Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, televisión … Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e sobre todo como monologuista. Con 12 anos de experiencia nas salas e teatros de Galicia é tamén unha das caras máis recoñecibles da TVG, grazas á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no exitoso programa Luar da TVG.
Explora webseries e microseries en YouTube e redes sociais, curtas de cinema e
pezas experimentais, radio.
18:30 h
Monólogo
Casa da Cultura
Plan | Prezo | Comprar | |
---|---|---|---|
![]() Entrada para 1 persoa30% de aforo |
3,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack 4 días30% de aforo |
10,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro + monólogos + gala30% de aforo |
25,00 € | Comprar entrada |