Patty Diphusa – Malala Ricoy

SINOPSE:

Todo o que xa creías saber sobre o sexo seguro e o amor, redescuberto con moito humor, moito rigor e un pouquiño de mala leite. Se queres ver o que da de sí un condón, no senso metafórico e no literal, este é o teu espectáculo. Un relato en primeira persoa sobre os retos para querer e quererse a unha mesma sendo muller, nesta sociedade. ¿Que é o amor? ¿É o sexo mellor con Amor? ¿Por onde comeza o Amor? ¿Pódese amar a alguén se non te amas a ti mesma? Un relato acerca das relacións, autoaceptación, o amor aos demáis, a sinceridade e a profilaxe. Un show no que o público participa, mais axustado ás medidas Covid (pódese prescindir de voluntarios), porque con cabeza sabemos facer a cultura segura ¿segura? ¡segura!

TRAXECTORIA:

Monologuista, humorista, artista, arealista, carioquista, anticapitalista e curta de vista. Mestra de cerimonias. Pallasa. Aprendiz de moito, Mestra de nada. Recibe formación en Clown e Artes escénicas con mestes como Jöns Pappila, Nanny Cogorno, Pablo Pundik ou Claudia Contín. En 2009 funda con Daniel Martínez a Compañía «Chicharito e Trementina» coa que estreou «Amago de Magia», un espectáculo de pallasos moi branco e sinxelo para todos os públicos. En 2011 fundou a Asociación La Pértiga. Patty Diphusa é a compañía formada por Malala Ricoy para desatar as súas loucuras e transmitir o que está no seu corazón ao mundo. Actualmente forma parte da asociación de Artes Escénicas Manicomics da Coruña, do equipo directivo do Festival Manicomics e da compañía Impro residente no Baba Bar da Coruña, Se Masca la Comedia, de Cousas Veredes.

19:00 h
Monólogo
Casa da Cultura
7:00 pm
Tarde
Casa da Cultura
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 persoa

50% de aforo

5,00 € Comprar entrada
Pack 3 días

30% de aforo

12,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

30% de aforo

25,00 € Comprar entrada