SINOPSE:
Teño que facer unha sinopse
Eso que é
Unha movida que escribes para que o público quede tranquilo pensando que sabe o que vai ver
Jajajjajajaajajjaja… Ti?
Xa, pero teño que facela
Mmhmmm
Aháááá
Vale pero non digas o dos chocapics
Non
Nin o de que o carnaval che destrozou a vida
Non
Nin o de como os ingleses din youtube
Non
Nin o de Arturo Pérez Reverte
Jamás!
Dalle jas
Feito!.
TRAXECTORIA:
Diplomada en Interpretación e Técnica Superior en Prducción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e con 15 anos de experiencia profesional diante e detrás dos escenarios, Diana Sieira aporta frescura, moita presencia escénica e poucos pelos na lingua ao sector dos monologuistas. Actriz profesional dende 2005, non hai eido que se lle resista, cine, tv, radio e artes escénicas: circo, música, maxia, teatro, títeres e performances. Coñecida pola súa aparición en A puta da vida (2009), Matalobos (2009) e Rafael (2008), así como por presentar e coordinar a sección de circo para o programa Luar de TVG. Tamén puidemos difrutar dela en solitario e nas compañías cos espectáculos «Cómo corre ese perro», «O mellor de cada casa» e «Niñas de la Risa». É gañadora do 2o premio do Concurso Monólogos Betanzos, 2015; finalista do Concurso Monólogos La Tuerka 27, 2013 entre outras producións.
18:30 h
Monólogo
Casa da Cultura
Plan | Prezo | Comprar | |
---|---|---|---|
![]() Entrada para 1 espectáculo30% de aforo |
3,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack monólogos + performance30% de afoto |
10,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro + monólogos + gala30% de aforo |
25,00 € | Comprar entrada |