Proxecto literarias

SINOPSE:

Recital, performance, lectura dramatizada. Diálogo entre xéneros literarios que pon en valor a literatura escrita por mulleres galegas desde unha perspectiva de xénero.

TRAXECTORIA:

Mariana Carballal é profesora de interpretación na ESAD de Galicia, actriz e directora. Traballou nas montaxes Os vellos non deben de namorarse (CDG), O burgués fidalgo (Teatro do Morcego), Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia (CDG), nos filmes La piel que habito (Pedro Almodóvar), O ano da carracha (Jorge Coira), Romasanta (Paco Plaza) ou Elisa y Marcela (Isabel Coixet). Isabel Balnco-Rivas é escritora. Seus son os libros La muerte de Marilyn y otros relatos (2019), Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018), Rosaura e o mar (2018) versos de homenaxe a Rosaura e ás traballadoras do mar, Verbas cum (2014) que son unha colleita poemas de amor, entre outras. Slvia Penas é filóloga, profesora, poetisa. Escribe Fronteira paraíso (2019), Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2016), As uñas crecen (2014). As tres xuntas conforman o Proxecto Literarias, no que presentan un recital co mesmo nome: Lierarias. Unha marabilla de escrita, polo que di, por como o di, polo que comunica, polo humor que a percorre, en palabras delas mesmas.

18:30 h
Performance
Casa da Cultura
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 espectáculo

30% de aforo

3,00 € Comprar entrada
Pack 4 días

30% de aforo

10,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

30% de aforo

25,00 € Comprar entrada