SINOPSE:
30 de Novembro de 1803: “A Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar “Os Nenos da Varíola”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal
TRAXECTORIA:
Lewis Hyde, en “The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World” suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de regalar unha viaxe aos demais máis alá da súa experiencia cotiá. Victoria Pérez e Manu Fernández crean en 2014 la Cía. Floristería para producir a peza escénica “Eu encargábame dos nenos e o meu marido da parte dos gastos” o seu primeiro espectáculo para público adulto sobre a desigualdade de xénero. O poder de Amabel estreada en xaneiro de 2016 é o seu primeiro espectáculo para público familiar co que se funda Pérez&Fernández. Na actualidade contan tamén coa tenrisíma e aclamada peza Aguratrat baseada nunha das publicacións do xenial Roald Dhal.
Hora
Principal
Auditorio Municipal Manuel María
Plan | Prezo | Comprar | |
---|---|---|---|
![]() Entrada para 1 espectáculo30% de aforo |
5,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro 4 funcións30% de aforo |
17,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro + monólogos + gala30% de aforo |
25,00 € | Comprar entrada |