La Quintana Teatro

SINOPSE:

Queres ser o gañador de «O premio»? Queres dar a túa vida por un soño? Neste traballo fixas o prezo. Esta comedia conta a situación que viviremos nun futuro próximo, un momento no que o progreso tecnolóxico e a loita polo éxito económico, sentimental e social foron tal que se viron obrigados a caer en «O Premio» como única fórmula a acadar a felicidade.

 

TRAXECTORIA:

La Quintana Teatro naceu da preocupación por deterse a observar o mundo e plasmar no teatro as realidades sociais máis ocultas, así como para abordar cuestións sociais a partir dun proceso de investigación a pé de rúa. Pretenden achegar ao público historias que merecen ser contadas. Vidas que merecen ser vividas. A compañía consolídase co seu primeiro espectáculo «Desde o invisible» que fala do mundo da discapacidade intelectual e foi galardoada co Premio MAX polo espectáculo revelación 2008. A súa última produción é “O Premio”, un reality show en directo cunha dramaturxia de Santiago Cortegoso e dirixido por Marián Bañobre.

22:00 h
Principal
Auditorio Municipal Manuel María
10:00 pm
Principal
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 espectáculo

50% de aforo

8,00 € Comprar entrada
Pack 3 días

50% de aforo

21,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

50% de aforo

30,00 € Comprar entrada