O mel non caduca

SINOPSE:

O mel non caduca  é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

TRAXECTORIA:

Ibuprofeno Teatro é unha compañía fundada en 2010 para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de catro espectáculos de pequeno formato (‘A filla de Woody Allen’, ‘Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios’, ‘Fitness’ e ‘O Furancho’), en 2016 dan o salto asumindo producións de maior envergadura con ‘Raclette’ (Premio Teatro Autor Exprés e Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais), que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max. Coa última produción, ‘Casa O’Rei’, continua na procura dunha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Persegue o rigor na dramaturxia e integra a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os seus personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar. O absurdo e un humor acedo e sarcástico son os seus lugares comúns. Participan nos fesitivais e mostras de Autores Contemporáneos de Alicante, Feira de Ciudad Rodrigo, Umore Azoka de Leioa, Festival de MIM de Sueca, Certame de Teatro Garnacha de Haro, etc. Ademais da produción de obras teatrais organiza actividades de promoción cultural e impartimos obradoiros de creación escénica, clown e escrita dramática.

Hora
Principal
Auditorio Municipal Manuel María
08:30 pm
Principal
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 espectáculo

30% de aforo

5,00 € Comprar entrada
Pack 4 días

30% de aforo

17,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

30% de aforo

25,00 € Comprar entrada