Marta Doviro

SINOPSE:

«Memorias dunha rapasa da costa» é un monólogo cómico onde MartaDoviro rememora algunhas das súas vivencias da infancia na carismática Costa da Morte. Fálanos sobre o peculiar carácter da xente da zona e tamén dos galegos en xeral, chegando a comparar a nosa idiosincrasia co mundo que reflicten as películas de Hollywood (algo que non é de extrañar sendo Marta unha apaixoada da interpretación desde ben cativa).

TRAXECTORIA:

Con máis de 10 anos de carreira, Marta Doviro acumula varias facetas artísticas: actriz, presentadora, humorista e o que lle boten. Catro nominacións pola Academia do Audiovisual Galego a Mellor Comunicadora de TV abalan o seu labor como presentadora de máis dunha decena de programas para TVG: Malo Será, Máis Galego, Luar, Feirantes, Gastrópodos, De quen ves sendo?, Somos ben curiosos, A mochila do viaxeiro, etc… Ademáis de presentar diversos eventos oficiaies, pregóns, feiras gastronómicas, galas e desfiles; ten participado en películas e series de Tvg como: Pazo de Familia, A lei de Santos o Luci. Enriba dos escenarios formou parte do elenco da Aula de teatro universitario de Ourense a cargo de Fernando Dacosta en catro montaxes. Recentemente atreveuse co teatro infantil e musical xunto a compañía O Garaxe Hermenéutico. Actualmente xira co seu espectáculo de comedia «Memorias dunha rapasa da costa», onde rememora algunhas das súas vivencias na Costa da Morte e nos fala sobre o peculiar carácter da xente da zona. Tamén colabora de forma ocasional no espectáculo de Impro e Stand-Up da compañía Imprómicas.

19:00 h
Monólogo
Casa da Cultura
7:00 pm
Tarde
Casa da Cultura
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 espectáculo

50% de aforo

8,00 € Comprar entrada
Pack monólogos

50% de afoto

12,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

50% de aforo

30,00 € Comprar entrada