SINOPSE:
“Clausura do amor” é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.
TRAXECTORIA:
CÁMARA NCÁMARA NEGRA leva dende 1996 montando textos de Shakespeare, Chejov, O’Neill, Mülf, Ibsen, Dostoievski, Visniec ou Koltés, sempre desde un compromiso claro co teatro contemporáneo. A crítica destacou da
compañía a súa «experimentación e austeridade» (Diario de Sevilla), que «leva as súas propostas ata o límite» (ABC de Sevilla), «que aposta pola investigación sen concesións» (BoleTiNT), que «remove entrañas» (Revista Época), e que os seus actores realizan «actuacións ao borde do límite» (El Correo de Andalucía). Definiuse tamén o seu traballo como «arte do bo» (Adelante, Cuba), como “un agasallo para a escena contemporánea” (Málaga Hoy), que «sacude os sentidos» (Mundoteatro), e onde «todo significa, pancomunica, porque o que deixa de estar comunica por non estar, e o que deixa de falar comunica por non falar» (LaTeatral). Falouse da súa «visceralidade» (El País) e da súa capacidade para realizar «unha cerimonia escénica de gran impacto visual no público» (La Razón).
Event Time
Event Session
Hall Room
Plan | Prezo | Comprar | |
---|---|---|---|
![]() Entrada para 1 espectáculo30% de aforo |
5,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack 4 funcións de teatro30% de afoto |
17,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro + monólogos + gala30% de aforo |
25,00 € | Comprar entrada |