Marta Alonso

SINOPSE:

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

TRAXECTORIA:

Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva. A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo. A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena. Na actualidade vén de estrear a peza BAILAR AGORA (Outubro, 2020), unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic – Xunta de Galicia.

22:00 h
Principal
Auditorio Municipal Manuel María
10:00 pm
Principal
Plan Prezo Comprar
Entrada para 1 espectáculo

50% de aforo

8,00 € Comprar entrada
Pack 4 días

30% de aforo

21,00 € Comprar entrada
Pack teatro + monólogos + gala

50% de aforo

30,00 € Comprar entrada