SINOPSE:
No 2011 estreaba A que non podes dicir cocacola?, unha peza arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante. Agora, no 2020 , establezo un diálogo co traballo anterior co propósito da creación desta nova peza que atende á evolución social, así como á persoal e teatral da autora e que dá como resultado A que non podes dicir cocacola? (II), unha confrontación – de novo – coa violencia e a capacidade de evasión que desemboca –con maior ou menor consciencia –na indiferenza.
A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II) é unha loita inútil e precisa, un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar, unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais, un querer e un poder, un frasco de perfume que non ule, un atentado contra a asepsia.
Algo así é…
Algo así…
TRAXECTORIA:
Creadora escénica. Fórmase en interpretación na Escola Santart e é titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia. Directora, dramaturga e actriz das pezas: Deixa de tocala, Sam, Os cans non comprenden a Kandinsky (premio Coiro de pita da Sala Ingrávida), A que non podes dicir cocacola?, Gañaremos o pan coa suor da túa fronte e Vaguedás. Directora recentemente da peza Espida da Compañía Io. Participa en diversas accións teatrais no eido da intervención social, tanto en espazos fechados como en rúa. Recibe varios premios en dramaturxia breve e Radio Teatro. No 2018 recibe os premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais con O día no que bicar a terra.
20:30 h
Principal
Auditorio Municipal Manuel María
Plan | Prezo | Comprar | |
---|---|---|---|
![]() Entrada para 1 espectáculo30% de aforo |
5,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack 4 días30% de aforo |
17,00 € | Comprar entrada | |
![]() Pack teatro + monólogos + gala30% de aforo |
25,00 € | Comprar entrada |