La Quintana Teatro

SINOPSE: Queres ser o gañador de «O premio»? Queres dar a túa vida por un soño? Neste traballo fixas o prezo. Esta comedia conta a situación que viviremos nun futuro próximo, un momento no que o progreso tecnolóxico e a loita polo éxito económico, sentimental e social foron tal que se viron obrigados a caer

Read More

Marta Alonso

SINOPSE: BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando. TRAXECTORIA: Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. Desde

Read More

Centro Dramático Galego

SINOPSE: Fantasiamos coa imaxe dun edificio de vinte alturas que se derruba por mor dunha carga de explosivos. Sabemos das nosas forzas e estas mans apenas conseguen pregarse forte nun puño pechado. Agora estas e estes que nós somos non conseguimos abater torres, pero si ser o po que testemuña o derrubamento. Tamén podemos bailar;

Read More

A que non podes dicir Cocacola? (II)

SINOPSE: No 2011 estreaba A que non podes dicir cocacola?, unha peza arredor da capacidade de adaptación á violencia imperante. Agora, no 2020 , establezo un diálogo co traballo anterior co propósito da creación desta nova peza que atende á evolución social, así como á persoal e teatral da autora e que dá como resultado

Read More

O mel non caduca

SINOPSE: O mel non caduca  é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas. TRAXECTORIA: Ibuprofeno Teatro é unha Read More

Os nenos da varíola

SINOPSE: 30 de Novembro de 1803: “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​” parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas Read More

Clausura do Amor

SINOPSE: “Clausura do amor” é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste ao acto

Read More