LABORATORIO DE PERFORMANCE – IMPARTE: HELENA SALGUEIRO

Laboratorio do corpo a través da linguaxe poética e performativa.

Descrición e metodoloxía:

Este obradoiro de creación contemporánea e estética performativa xira en torno á relación entre a palabra e o corpo en acción. Despois dunha pequena introdución teórica á árte contemporánea, ao posdrama e performance e maila experimentación formal da poesía contemporánea, as participantes serán guiadas cara a atención do seu corpo con ferramentas de teatro físico, de danza e de técnicas antropolóxicas orientais. Logo dun escrutinio somático e disciplina física e da lectura de espazos e obxectos nun nivel estético e compositivo, daráselles chaves para investigarse a si mesmas como parte dun corpo social, político e ecolóxico valéndose da palabra poética. E a través da súa propia experiencia persoal e única, a intención última é que as participantes atopen a súa voz creativa e atopen ferramentas para a elaboración de accións performativas.

A quen vai dirixido:

Destinado a toda aquela persoa que desexe explorar a relación híbrida entre as artes de acción e do movemento a través da linguaxe poética.

A quen vai dirixido:

1
– Debate da metáfora e o ritual
– Corpo-signo, Instrumento, Obxecto
– O silencio e o verbo
– A paisaxe somática
– A arquitectura e lectura dos 3 obxectos
– Lecturas
– Entrenamento físico
– Escritura espacial, intervención
– Body landscape, body weather, happening, instalación
– Acción/ actuación e Acción/activismo
2
– Na busca do estrañamento e do límite
– Lecturas
– Entrenamento físico
– Xenio creador, social e político
– Arqueoloxía persoal e apoio individual
– Coreografía do verso das 3 palabras
– Orografía da voz
– Escrituras
– O procesual e a enerxía: rexeitamento da obra finita
– Ensaio e exposición performativa

A quen vai dirixido:

Destinado a toda aquela persoa que desexe explorar a relación híbrida entre as artes de acción e do movemento a través da linguaxe poética.

Docente: Helena Salgueiro

Performer, intérprete, bailarina e poeta. O seu traballo performativo en solitario tense exhibido en espazos e festivais de Galiza, Portugal, Escocia, Suecia, Inglaterra e Arabia Saudí. Fórmase en cursos de dramaturxia, danza e teatro físico en Francia, Polonia, Dinamarca e Escocia. Ten publicado poemarios, participa en antoloxías de poesía galega contemporánea, colabora con distintas publicacións académicas e culturais conartigos sobre performance, danza, teatro e literatura e imparte clases e masterclasses en universidades e festivais galegos. O seu traballo xira entorno á palabra, ao movemento e á investigación.

Datas e horario:

20 de Novembro:

  • Sesión de mañá: 9:30am a 1:30 pm
  • Sesión de tarde: 4:00pm a 8:00pm

21 de Novembro:

  • Sesión de mañá: 9:30am a 8:00pm
  • Sesión de tarde: 4:00pm a 8:00pm

Leave a Reply