OBRADOIRO IMPRO TEATRAL – IMPARTE: ANTÓN COUCHEIRO «COU»

ESCOITA, XOGA, CREA. Improvisación teatral para actrices e actores.

PRAZAS ESGOTADAS!

Porque é tan importante a impro?

A improvisación teatral, a impro, é teatro. Outra forma de facer teatro. Escenas creadas de forma instantánea, sen texto escrito nin preparación previa, e nas que o actor ou actriz, interpreta a ficción no mesmo momento en que o está creando. Como na maioría das obras de teatro, adoita haber personaxes, accións, conflitos, lugares onde sucede a ficción, variedade de sucesos e transformacións… pero na impro, o as actrices non só traballan como intérpretes da historia, tamén son responsables da dramaturxia e da posta en escena. É por tanto, tamén escritora e directora teatral simultaneamente.

As improvisadoras van facendo propostas, tomando decisións e poñendo en xogo os recursos grupalmente. O resultado: unha creación colectiva única e irrepetible, construída momento a momento a partir dos impulsos e ideas das participantes.

METODOLOXÍA

O taller desenvólvese en dúas sesións intensivas diarias (3 horas por sesión) de traballo que se realizan durante os días 28 e 29 de Agosto.

Cada curso constará de dúas parte e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial.

PRAZAS ESGOTADAS!

Moitas grazas a todos aqueles que vos inscribistes xa.

Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com

Leave a Reply