OBRADOIRO «ACTUAR NO MOMENTO» – IMPARTE: ANTÓN COUCHEIRO «COU»

ACTUAR NO MOMENTO. Improvisación teatral para actrices e actores.

Porque é tan importante a impro?

A Improvisación Teatral é unha ferramenta moi poderosa para adestrarnos na xestión dos cambios. Entre outras cousas, desenvolve unha chea de habilidades blandas (tamén chamadas soft skills), tales como: Creatividade, Intelixencia emocional, Comunicación asertiva, Expresión oral e corporal, Traballo en equipo, Escoita activa, Liderazgo, Capacidade de adaptación, Xestión da incertidume
· Sentido do humor, etc. Este curso está dirixido a actores e actrices, ou a calquera persoa que queira facer teatro coa técnica da improvisación. A impro, é outra forma de facer teatro. Escenas creadas de forma instantánea, sen texto escrito nin preparación previa, e nas que os improvisadores, interpretan a ficción no mesmo momento no que a están creando. A impro é un entrenamento actoral total, no que se exercitan ao mesmo tempo as habilidades de interpretación, dramaturxia e dirección.
A improvisación teatral, a impro, é teatro. Outra forma de facer teatro. Escenas creadas de forma instantánea, sen texto escrito nin preparación previa, e nas que o actor ou actriz, interpreta a ficción no mesmo momento en que o está creando. Como na maioría das obras de teatro, adoita haber personaxes, accións, conflitos, lugares onde sucede a ficción, variedade de sucesos e transformacións… pero na impro, o as actrices non só traballan como intérpretes da historia, tamén son responsables da dramaturxia e da posta en escena. É por tanto, tamén escritora e directora teatral simultaneamente.

As improvisadoras van facendo propostas, tomando decisións e poñendo en xogo os recursos grupalmente. O resultado: unha creación colectiva única e irrepetible, construída momento a momento a partir dos impulsos e ideas das participantes.

METODOLOXÍA

O taller desenvólvese en dúas sesións intensivas diarias (3 horas por sesión) de traballo que se realizan durante os días 26 e 27 de Agosto.

Cada xornada constará de dúas parte e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial.

Moitas grazas a todos aqueles que vos inscribistes xa.

Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com

Leave a Reply