OBRADOIRO ACTORAL IMPARTE: FERNANDO TATO

Adestramento sobre o instinto, o mental e o emocional.

PRAZAS ESGOTADAS!

O taller desenvólvese en dúas sesións intensivas diarias (3 horas por sesión) de traballo que se realizan durante os días 18 e 19 de Agosto.

Cada curso constará de dúas parte e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial.

A primeira parte é de adestramento actoral e a segunda de traballo con texto e escenas. Trabállase a técnica actoral necesaria para ser autónoma e autónomo e poder crear e defender unha personaxe adaptándose ás esixencias reais do traballo de actor (falta de tempo na rodaxe, ausencia de ensaios, etc…).

Exercicios prácticos, traballo físico e vogal, monólogos, escenas… O adestramento actoral é un proceso que se desenvolve en catro fases: estiramento activo, círculo de movemento, exercicios de relación e de personaxe, exercicio da “cadeira” ou co “chequeo por parellas”.

O traballo con texto e escenas desenvólvese nos seguintes pasos: Análise de texto e división da escena ou secuencia en unidades de acción, aplicación dos exercicios de relación, personaxe, circunstancias etc… na escena, Aplicación dos exercicios de relación, personaxe, circunstancias etc… con relación ao grupo, substitución do texto e O traballo en escena de xeito grupal.

PRAZAS ESGOTADAS!

Moitas grazas a todos aqueles que vos inscribistes xa.

Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com

Leave a Reply