O Festival do Teatro Galego abre o prazo para presentar obra e espectáculos candidatos aos premios Dorotea Bárcena

O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 32º Festival do Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) a segunda semana de setembro de 2021. O ano pasado presentáronse máis de 100 espectáculos, dos que foron elixidos oito que formaron parte do programa do festival. As obras, das que se valorará especialmente que sexan estreas nos criterios de selección, deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.
O festival ven sendo un referente desde hai máis de trinta anos no panorama galego de programación teatral e somos conscientes da importancia que temos como plataforma mediática. Os premios “Dorotea Bárcena” son un reflexo do noso compromiso pola selección dos mellores espectáculos posibles e dotámolos de rigorosidade, que se ven avalando pouca traxectoria posterior dos espectáculos programados no marco do Festival. Por iso, queremos tamén ter en conta ás compañías que teñen proxectos en carteira para estrea e apostar xunto con elas polos seus proxectos.
As propostas poden enviarse este ano desde hoxe venres 29 ata o venres 12 de febreiro ás 20 h, a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de inscrición en :

Deberase describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita. Distínguense en 6 categorías
APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto (Auditorio)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos
APARTADO 2: Teatro de Exterior para público Familiar (Anfiteatro)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público Familiar
APARTADO 3: Teatro de Rúa para público Familiar
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar
APARTADO 4: Teatro de Sala para Nenos
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés
APARTADO 5: Monólogos Cómicos
Dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor
APARTADO 6: Performances e Pequenos Formatos
Convocamos aos elencos e artistas galegos con espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.

Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com

Contacto prensa: prensa@fetega.gal

Leave a Reply