Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Idiota

Redrum Teatro

Autor: Jordi Casanovas
Dirección: Álex Sampayo
Elenco: Machi Salgado
Susana Sampedro

Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. O que pensa que será unha maneira sinxela de conseguir os cartos que precisa para resolver os seus problemas económicos converterase nunha auténtica trampa. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Un xogo negro, divertido e cheo de suspense que levará ao protagonista ao límite da súa paciencia e razón. Un xogo tamén para o espectador, que deberá resolver os diferentes obstáculos xunto con Carlos desde a súa propia butaca.