Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Elisa e Marcela

Panadaría
Ver trailer

Autor: Areta Bolado
Noelia Castro
Ailén Kendelman
Dirección: Gena Baamonde
Elenco: Areta Bolado
Noelia Castro
Ailén Kendelman

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio lésbico do que temos constancia en todo o Estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

Elisa e Marcela é a primeira montaxe teatral explicitamente lésbica da historia do teatro galego. O espectáculo, unha coprodución de A Panadaría co Centro Dramático Galego, Concello da Coruña, Concello de Vimianzo e Concello de Rianxo é unha iniciativa artística que pretende reivindicar a figura destas dúas mulleres e a necesidade da defensa da liberdade e diversidade sexual.