Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Anatomía dunha serea

Dirección: Xesús Ron
Escenografía: Suso Jalda
Elenco: Iria Pinheiro

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.