Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Afiando con humor

Gala e entrega de premios FETEGA "DOROTEA BÁRCENA", conducida por Sergio Pazos

Autor: Sergio Pazos
Elenco: SERGIO PAZOS

Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el? Ourense é coñecida como a "terra da chispa" por ser terra de afiadores, que sempre viaxaron moito e contaban historias do que vían e do que escoitaban. Sergio Pazos convértese nun afiador 2.0 e analiza a realidade e a actualidade próxima de Ourense, de Galicia e España a través da súa mirada irónica e retranqueira. Porque os galegos somos distintos ata para os monólogos, este afiador monologuista intentará sacar "chispas" de humor falando do que pasa neste país, dos personaxes populares e televisivos e da actualidade máis divertida. Iso si, con humor galego, pois os galegos temos un humor moi especial. É ou non é?.

Venta de entradas

Horarios

  • Auditorio
  • Sábado 9 de Setembro
  • 22:30 horas

Reseñas na prensa