Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Monstruación

Enconarte Producciones

Dirección: Marián Bañobre
Elenco: Arantxa Treus
Rocío Romero
Deborah Vukušić

Trata sobre tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estas personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente:

1. Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está operadísima e casada con Ken.
2. Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.
3. E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele operadora no teléfono da esperanza, está casada cun dos seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de non facer nunca porcalladas na cama.