Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Loló e mamá

De Ste Xeito
Ver trailer

Autor: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Esther F. Carrodeguas
Elenco: Stephy Llaryora
Josi Lage

Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.