Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

A compañeira de piso

Contraproduccións

Texto orixinal: Jen Silverman
Adaptación: Lilian Portela
Dirección: Belén Pichel
Cándido Pazó
Elenco: Patricia Vázquez
Rebeca Montero
Xose Barato

Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.