Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Eroski paraíso

Chévere
Ver trailer

Autor: Manuel Cortés
Dirección: XRON
Elenco: MIGUEL DE LIRA
CRISTINA IGLESIAS
PATRICIA DE LORENZO
LUÍS MARTÍNEZ
FIDEL VÁZQUEZ

A promesa do paraíso social feita por un estado de benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra. Unha maneira de retratar o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade.