Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Chola a IT girl

Artesa
Ver trailer

Autor: Laura Villaverde
Dirección: Laura Villaverde
Elenco: Laura Villaverde

Debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de Youtube, é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en 10 sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un conflito para Chola, no que terá que confesar a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.