O Festival Do Teatro Galego Abre O Prazo Para Presentar Obras E Espectáculos Candidatos Aos Premios Dorotea Bárcena.

As propostas poden enviarse este ano desde hoxe venres 29 ata o venres 12 de febreiro ás 20 h.

Débese describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita.

Distínguense en 6 categorías

APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto. (Auditorio) Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos

APARTADO 2: Teatro de Exterior para público Familiar. (Anfiteatro) Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público Familiar

APARTADO 3: Teatro de Rúa para público Familiar. Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar

APARTADO 4: Teatro de Sala para Nenos. Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés

APARTADO 5: Monólogos Cómicos. Dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor

APARTADO 6: Performances e Pequenos Formatos.

Convocamos aos elencos e artistas galegos con espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.

Correo electrónico para consultas: festivaldoteatrogalego@gmail.com

Contacto prensa: prensa@fetega.gal