Afonso Becerra Premio de Honra 2020

O FETEGA, Festival do Teatro Galego “Celso Parada” acaba de facer público o Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2020”, outorgado a Afonso Becerra pola súa labor académica e de activismo teatral ao longo de vinte cinco anos.

Read More

Cheo total nos obradoiros do Festival do Teatro Galego

Rematan hoxe venres e forman parte da programación previa da 31ª edición, que se celebrará no Carballiño do martes 23 ao sábado 26 de setembro. Forman parte das actividades paralelas do programa e están orientadas a profesionais, amadores e espectadores que desexen vivir a experiencia de coñecer o mundo do teatro desde dentro.

Read More

Máis de cen espectáculos queren estar no Carballiño

O FETEGA acaba de facer públicos os resultados convocatoria para participar no 31º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense). O festival celebrarase a segunda semana de setembro, atendendo a todos os requirimentos de seguridade e hixiene, aforo, establecidos polas autoridades. 

Read More

O Festival de Teatro Galego “Celso Parada” presenta ao seu novo director

O FETEGA acaba de facer público o traspaso na dirección. O carballiñés Carlos Ledo substitúe á actriz Josi Lage, que se despediu no pasado 30º aniversario e continúa como programadora artística.

Read More