Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Up2down

Traspediante
traspediante.com

Dirección: Arturo Cobas
ELENCO: Marta Alonso
Paula Quintas

“Up2Down” é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.

As bailarinas Marta Alonso e Paula Quintas interpretan a dous personaxes definidos polo seu estatus antagónico: o alto e o baixo; A funambulista e A payada. Xunto a elas o espectador recorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata que alcanzan un punto de encontro; o equilibrio.