Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro
sarabelateatro.com

Autor: JOSÉ SARAMAGO
Dramaturxia e dirección: ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
ELENCO: JORGE CASAS: Primeiro cego, Ladrón
ELENA SEIJO: Ministra de sanidade, Camareira, Veciña
SABELA GAGO: Muller do primeiro cego
XAVIER ESTÉVEZ: Secretario do ministerio, Soldado, Home do parche. Ladrón.
FERNANDO DACOSTA: Oftalmólogo, Ladrón.
NATE BORRAJO: Muller das lentes escuras.
JOSITO PORTO: Home dous, Xefe dos ladróns, Visionario.
FINA CALLEJA: Muller do oftalmólogo.
VICENTE MONTOTO: Escritor.

Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo.

A epidemia non se detén e os ollos da única muller non afectada serán testemuña excepcional do inferno provocado pola fame, a sucidade, a infamia e a aldraxe sexual. Fantasía e realidade entretecidas nunha impresionante parábola do tempo que vivimos. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais desta obra que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.