Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Monólogo do imbécil

eme2
emedous.com

Autor: Jose Prieto
Dramaturxia e dirección: Jose Prieto
ELENCO: Xosé Antonio Touriñan

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demáis, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casarse cunha chica coma todo o mundo, pero sempre lle sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E as veces quédase aparvado mirando a ningures. E pensa: “qué fago eu aquí... coma un imbécil”.

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para intentar atopar o sentido ás cousas, e remóntase ao momento exacto da súa concepción, e todavía máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e empeza a falalo todo dende o principio ata o preciso instante no que se llo conta ao público.