Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Voluntariado

O FETEGA necesita voluntarios/as.

Se che gustan as artes escénicas, é a túa oportunidade!.
Faite voluntario/a de FETEGA.
O FESTIVAL DE TEATRO GALEGO bríndache a oportunidade de vivir una experiencia única a nivel persoal e profesional para coñecer o mundo do teatro e as artes escénicas desde dentro.

Se estás interesado/a en colaborar e formar parte do equipo de voluntarios/as, cubre o seguinte formulario e porémonos en contacto contigo.

Inscríbete aquí cubrindo o formulario de voluntariado no FETEGA

O periodo de recepción de solicitudes estará aberto ata o domingo 15 de agosto ás 24:00h. Para calquera dúbida podes contactar no correo info@fetega.gal.

10 VANTAXES DE SER VOLUNTARI@ DO FETEGA

1.- FORMACIÓN
Recibirás unha formación practico-teórica sobre o mundo del teatro, as artes escénicas, e a organización de eventos, certificada e recoñecida mediante a entrega do diploma do FETEGA, que garante que superaches o período de formación e realizaches as diferentes actividades propostas satisfactoriamente. Formarás parte dun equipo de traballo con compañeiros/as con ampla experiencia multidisciplinar dos que, sen dúbida, poderás aprender de preto. E non so teoría, o FETEGA é pura práctica, é vivir unha montaxe teatral desde dentro, adquirir vivencias con actores, técnicos, ou recibir formación de diversa índole. Ser voluntari@ de FETEGA dáche a gran oportunidade de aprender da profesión, tanto enriba do escenario, como no backstage.

2.- EXPERIENCIA
As diferentes actividades e tarefas levadas a cabo no festival axudaranche a adquirir unha experiencia seguramente nunca antes vivida, xa que, aparte de las formacións, colaborarás no desenvolvemento do festival, con accións concretas para cos artistas, organización e diferentes técnicos especialistas. Axudarache a mellorar competencias, descubrir destrezas e aptitudes do mundo das artes escénicas. Coñecerás de primeira man todas as actividades e traballos asociados ao sector, podendo adquirir os coñecementos necesarios, descubrir novas habilidades, ou por que non, quizás unha nova vocación.

3.- SOLIDARIEDADE
Os voluntari@s son persoas que invisten o seu tempo, coñecementos e habilidades nos demais. No FETEGA promovemos o voluntariado e agradecemos a solidariedade de quen participa en las diferentes edicións e actividades que se realizan ao longo do ano. O agradecemento da xente pola túa axuda desinteresada, é o que máis te gratifica a nivel persoal.

4.- NETWORKING
Adquirirás unha rede de contactos que poden ser importantes no futuro, así como dar a coñecer as túas dotes ou habilidades á xente que está neste contorno. Unha oportunidade de crear e/ou reforzar vínculos. Vivir en primeira persoa o día a día dos organizadores de eventos e espectáculos. Relacionaraste e coñecerás compañeiros/as voluntari@s coma ti, actores, persoal da organización, técnicos especialistas, colaboradores, patrocinadores, autoridades e sobre todo, a persoas afeccionadas e grandes amantes das artes escénicas.

5.- TRABALLO EN EQUIPO
O traballo en equipo é clave nas organizacións. Na actualidade, moitas entidades tanto públicas como privadas, forman especialmente ao seu persoal neste apartado coa finalidade de aumentar a súa eficiencia, cooperación, empatía creatividade, comunicación e compromiso. Poder colaborar con estas persoas e traballar en equipo na planificación e execución do evento, permitirá beneficialos a eles coa túa labor, e tamén a ti, ao ver que as túas accións son útiles e que a túa implicación ten resultados visibles.

6.- CURRÍCULUM
O teu voluntariado formará parte do teu CV, quedando reflectido que es unha persoa activa, implicada e solidaria, o que pode axudar a posicionarte no mercado laboral. Poderás cubrir no campo das aptitudes, que es unha persoa con amplas habilidades e competencias, algo que cada vez se ten máis en conta nos procesos de selección. O festival dáche a oportunidade de mellorar habilidades e destrezas tanto no plano social, como emocional, humano ou relacional.

7.- INTERACCIÓN
Formar parte da organización do FETEGA permitirache participar nas múltiples accións que se desenvolven no día a día do evento. Colaborar nos espectáculos de rúa interactuando cos espectadores mediante bromas e sorpresas; realizar xuntos sketchs e gags para subir a redes sociais, ou mesmo facer de reporteiro/a e entrevistar a los actores das compañías participantes. Como podes imaxinar, facer este voluntariado é interesante por interactuar en todos os detalles da organización dun evento destas características desde dentro.

8.- ENTRETEMENTO
Se non sabes que facer, se dispós de tempo, ou estás xubilado/a e desexas aproveitar o teu tempo ao máximo e estar entretido, estar ocupado facendo cousas permitirache distraerte e esquecerte daqueles pensamentos que a veces preocupan. O festival é o mellor pretexto para saír da casa e entreterte desfrutando con todas as actividades, actuacións, obradoiros e opcións programadas polo FETEGA. Gozar de grandes momentos da túa estancia no festival, será, sen dúbida, a maior "master class" da túa vida.

9.- VIVENCIA
Poder convivir nun contorno multidisciplinar como o das artes escénicas, no que participan gran variedade de profesionais, estar en contacto cos actores, velos traballar de preto, compartir tempo ou sacarse fotos con eles será unha experiencia inesquecible. Coa convivencia entre o equipo de protagonistas do festival, adquirirás experiencia e melloraras calidades como a comunicación ou as habilidades sociais. Isto permitirache desenvolver aptitudes e descubrir todo o que rodea ao mundo do espectáculo, en particular, ao mundo do teatro.

10.- FAMILIA FETEGA
Formando parte do equipo, coñecerás a persoas afíns coas que compartir o teu tempo libre en actividades que te enriquecerán como persoa e profesional. Contarás con entradas para regalar aos teus amigos e familiares, para que desfruten de todas as actividades, actuacións, cursos, etc. Cearás todos os días coa gran familia do FETEGA (actores, organización, voluntarios, técnicos, colaboradores...) podendo así construír lazos e amizades. Para moitos voluntarios é a oportunidade perfecta para coñecer Galicia, así como os lugares máis impresionantes da provincia de Ourense, e en concreto do Carballiño.

FETEGA
R/ Arcos, 11 - 1º
O Carballiño | 32500
info@fetega.gal