Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

Información

Instalacións

Auditorio municipal:
O auditorio municipal acollerá a programación principal do festival de teatro. Debido ao aforo limitado das instalacións, o acceso ás obras é mediante entradas que se poderá retirar na taquilla do propio auditorio.

Ver máis información

Anfiteatro da Veracruz:
O anfiteatro do FETEGA sitúase nos xardíns do Templo de Veracruz, en pleno centro da localidade de O Carballiño.

 

Ver máis información

Casa da Cultura:
Avenida Calvo Sotelo, 29
32500 O Carballiño
Tel. 988 270 384
 

Ver máis información

O Carballiño

O Carballiño é a entidade de poboación máis recente da comarca. Xestouse ao redor da feira creada polos frades de Oseira no primeiro terzo do século XVII. Naceu pois O Carballiño ao pé do camiño nas terras do mosteiro de Oseira (s. XII), unha das abadías máis poderosas da Baixa Idade Media; converteuse no eixo da arrieiría tras popularizarse a súa feira (s. XVIII); acrecentou o interese xeral coa difusión dos poderes curativos das súas augas termais (s. XIX); emprendeu iniciativas industriais e comerciais, creando fábricas do papel, madeira, xabón e curtidos (s. XIX), e buscou novos horizontes, primeiro, alén das augas atlánticas (ss. XIX e XX) e, máis tarde, en Europa Central (s. XX), coma se a condición de emigrado lle viñese imposta co seu nacemento.

O Carballiño ocupa unha extensión de 54,4 km2 nos que se distribuen as suas 16 parroquias, incluída a da vila, San Cibrán, que se corresponde co centro urbano e absorbe a maior parte do censo municipal. As 15 restantes son: Arcos, Banga, Cabanelas, Lobás, Longoseiros (parte pertence a Boborás), Madarnás, Mesego, Mudelos, Partovia, A Piteira, Sagra, Señorín, Seoane, O Varón e Veiga.

O clima, como corresponde a un lugar de media montaña no interior de Galicia, é húmido, cunha media anual de precipitacións de 1.054,5 mm., repartidas en 130 días, na súa maioría no inverno (38%), pero tamén na primavera (27%), no outono (26%), e ata durante o verán (9%). A media de horas anuais de insolación é de 1.257, case o 40% do ano, que se producen na súa maioría nos meses de verán e en menor medida durante a primavera e o outono. A temperatura media anual é de 12,40 ºC, sendo xaneiro o mes máis frío, con 5,70 ºC, e xullo o máis cálido, con 19,90 ºC.

Ampliar información

Como chegar

Dende Ourense: 27,9 km, tempo estimado 25 minutos (A-52 e a AG-53)

Dende Vigo: 89,5km, tempo estimado 1h 08 minutos (A-52 e Ag-53)

Dende A Coruña: 156km, tempo estimado 1h 45 minutos (AP-9, AP-53 e AG-53)

Dende Lugo: 94,4 km, tempo estimado 1h 20 minutos, (N-540)

Calcula a túa ruta

Calcula a túa ruta
 
FETEGA
R/ Arcos, 11 - 1º
O Carballiño | 32500
info@fetega.gal