Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego
Festival de Teatro Galego

¿QUÉ É O FETEGA?

O Festival de Teatro Galego (FETEGA) nace na localidade ourensá de O Carballiño no ano 1989. O festival FETEGA xorde da paixón dun grupo de persoas afeccionadas ao teatro que deciden crear unha asociación co fin de dar a coñecer este arte ao maior número de persoas posibles. Para elo crean un festival de teatro que se centrará nas creacións feitas en Galicia.

O FETEGA é, pola súa temática, un festival de teatro único na comunidade autónoma galega, xa que é o único festival que se centra exclusivamente nas artes escénicas producidas en Galicia. FETEGA é un festival de galegos para galegos, que procura por en valor a inmensa calidade dos actores, actrices, directores e traballadores en xeral do sector das artes escénicas da nosa comunidade.

No FETEGA, o público visitante, pode desfrutar dos mellores espectáculos de teatro realizados en Galicia e vivir unha experiencia inmersiva nas artes escénicas desfrutando, ao longo dos días de duración do festival, dunha experiencia única na que coñecer e empaparse de teatro polos catro costados. Obradoiros, conferencias, teatro de rúa e unha moreira de actividades paralelas á programación oficial do festival garanten que a visita ao FETEGA sexa unha experiencia moi valorada por aquelas persoas afeccionadas ao teatro e conseguen atraer novas audiencias ao evento.

A ORGANIZACIÓN

A Asociación Cultural FETEGA organiza un ano máis o Festival de Teatro Galego de O Carballiño (FETEGA). A A.C.FETEGA é unha entidade sen ánimo de lucro e entre os fins da asociación se atopan a promoción do teatro galego profesional e a realización de actividades culturais relacionadas co teatro.



FETEGA
R/ Arcos, 11 - 1º
O Carballiño | 32500
info@fetega.gal

Esta web emprega cookies para obter datos estatísticos da navegación dos/as seus/súas usuarios/as. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu emprego. Máis información    Pechar